O Maruxa Villanueva, premio de ??resistencia?? para o teatro.

Publicado por Redacción en

Gustavo Pernas salienta a importancia do galardón ??nun tempo moi delicado para as artes? // ??Snakizados?? abraiou en Padrón

«Non hai premios pequenos, todos son importantes, especialmente se recoñecen o traballo que se está a facer no teatro galego», apunta Gustavo Pernas, gañador do XII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, un galardón instituído polo Concello de Padrón en memoria da que fora guardesa da Casa Museo Rosalía e actriz na emigración. O actor natural de Viveiro recollía onte este sinxelo galardón, composto por unha estatuiña e un cheque de 1.200 euros. E facíao ao final da función co espectáculo polo que foi premiado, Snakizados, a revolucionaria aposta de Áncora Produccións, que abraiou e sorprendeu onte ao público presente.

Foi o alcalde padronés, Antonio Fernández, o encargado de facerlle a solemne entrega, nun salón donde a emoción era palpable. O rexedor, acompañado pola edil de Cultura, Carmen Lois, non só lle dou a noraboa, senón que salientou a súa traxectoria, o seu esforzo a prol das artes escénicas e o magnífico papel de Pernas en Snakizados, onde o actor deu vida nesta superproducción a 15 personaxes, cunha estética e un xogo de luces moi potentes. Foi «medio lobo, medio león, medio cibernético… Un pouco de todo e máis cachiño de persoa que doutra cousa», diría.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.