A ACP felicítase de que as deficiencias do ximnasio do CPI de Pontecesures estean en vías de solución.

Publicado por Redacción en

Despois de todos os problemas que están a xurdir co estado da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures con pingueiras que danaron o solo de madeira o que obrigou hoxe a suspender as actividades docentes na instalación, e logo das queixas da comunidade educativa e desta forza política solicitando o arranxo de dita cuberta, temos coñecemento agora de que a Xefatura Provincial de Educación comprométese a solucionar o tema de cuberta mentres o concello anuncia que vai arranxar o solo de madeira en canto a Xunta acometa a súa obriga (o concello tamén vai colocar mañá varias pezas de madeira de xeito provisorio para que actividade se reanude aínda que sexa baixo mínimos).

O ACP felicítase do acordo, aínda que sexa a «toque de corneta» das queixas, pero critica a demora na solución deste tipo de asuntos. Cunha nula planificación houbo que esperar a que viñeran as choivas para que as administracións atopen solucións nun problema que leva tanto tempo sen resolverse. Agora nos queda esperar a que as obras estean executadas canto antes, anunciando que a ACP estará moi pendente deste tema que preocupa á comunidade educativa.

Pontecesures, 06/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.