Día de malla… e de tombos na palla.

Publicado por Redacción en

malla /

Malla del trigo en el colegio Xesús Ferro Couselo de Valga. Maiores e rapaces compartiron unha xornada didáctica e de diversión no colexio Ferro Couselo de Cordeiro

Cinco anos despois, a tradición da malla mantén o tirón entre maiores e rapaces valgueses. Onte volveron a compartir unha mañá de actividades no colexio Ferro Couselo de Cordeiro, tamén con alumnos de Baño, integrantes do colectivo Asdivalu e os ??mestres? de Axentiva. Os homes a bater no trigo, e as mulleres a animar coas pandeiretas e as súas coplas. Foi unha xornada didáctica, pero tamén divertida. O que antano se coñecía como ??tombo da palla? (esa estratexia tan empregada para mocear durante as tarefas agrícolas) foi rapidamente aprendido polos máis pequenos, que se fartaron de dar viravoltas.
Do palleiro pouco quedou, e o gran tampouco abundou. Porque a colleita deste ano, condicionada pola climatoloxía, foi máis ben escasa. Pero, iso si, de calidade e ben aproveitada. Puideron comprobalo os participantes deste Encontro Interxeracional, que onte mesmo degustaron algúns produtos elaborados co trigo que eles sementaran alá polo mes de abril. Unha parte xa pasara previamente polo Muíño da Ínsua e o resultado foron deliciosas empanadas e roscas das que non quedou nin a proba.
Agora toca pensar xa na sexta edición desta iniciativa, coa que o Concello e distintas asociacións de Valga tratan de recuperar as tradicións do agro para que as novas xeracións coñezan como se traballaban as terras cando a maquinaria era algo case que inimaxinable para o común dos campesiños; cando a tarefa era dura pero servía tamén como forma de relacionarse. Era toda unha actividade social.

Diario de Arousa

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.