Moción da ACP sobre os animais abandonados.

Publicado por Redacción en

MOCI?N DA ACP DE PONTECESURES

En agosto de 2012 a Deputación de Pontevedra enviou aos concellos da provincia de Pontevedra de poboación inferior a 50.000 habitantes unha proposta de adhesión ao Convenio Marco de colaboración para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados entendendo que estas fórmulas intermunicipais de xestión conxunta dos distintos servizos permiten acadar a máxima eficiencia, eficacia, racionalidade e calidade na prestación e tendo en conta que o abandono de animais é actualmente un dos problemas de máis difícil solución co que se teñen que enfrontar os distintos concellos da provincia xa que en numerosos casos, os propietarios optan por abandonar os animais na vía pública o que, ademais de evidenciar un problema de tipo sanitario, supón un grave problema de salubridade pública e de seguridade viaria.

Na actualidade xa hai 48 concellos adheridos ao convenio e xa está en servizo a canceira situada en Armenteira (Meis) para levar os animais.

Ignóranse as razóns polas que o Concello de Pontecesures non adoptou no seu día o acordo de adhesión ao convenio xa que o goberno local nin sequera someteu esta cuestión a estudo por parte do pleno da corporación.

A ACP considera moi positivo para o concello a adhesión que só ten un custo anual de 0,30 euros por habitante (940,80 euros ao ano segundo os datos de 2011). O funcionamento deste servizo provincial solucionaría bastantes problemas pois neste custo inclúese tamén o traslado de operarios cos medios de captura e de transporte axeitados para levar os animais abandonados dende Pontecesures ata a canceira da Armenteira, xa que o concello non dispón desta posibilidade.

Polo exposto, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1.Adherir ao Concello de Pontecesures ao Convenio Marco de colaboración entre a Deputación Provincial e as entidades locais da provincia, cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados.

2.Delegar a favor da Deputación de Pontevedra as competencias de ordenación, xestión e prestación do servizo de acollida de animais de compañía abandonados, incluída a resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos ditados no exercicio das competencias delegadas, exceptuando desta delegación os poderes de policía e de carácter sancionador que o ordenamento xurídico lle atribúe e que servirá conservando este concello. A delegación desta competencia é para a totalidade deste término municipal, e terá plenos efectos ata a finalización do período contractual establecido no mesmo.

3.Adquirir o compromiso de realizar as achegas económicas que, como contraprestación lle corresponda ao Concello de Pontecesures, expedindo cada ano a certificación de existencia de crédito suficiente para facer fronte a esas obrigas.

4.Solicitar a condonación da cota de adhesión de 600 euros prevista na cláusula segunda, parágrafo 3º do texto do convenio, pola non adhesión no prazo concedido no seu día, considerándose que aínda estamos nunha fase de estudo e de toma de decisións.

5.Facultar ao alcalde, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, para a sinatura do cantos documentos fosen necesarios para a execución deste acordo.

Pontecesures, 16/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.