Varela era meu bisavó.
E dase a casualidade de que non se emborrachaba. Sí que era un pouco «jetas» e si lle encargaban levar unha empanada para Santiago, podía que non chegara.
Contaban todos os vellos que meu bisavó era moi boa persoa e collía ás leiteiras polo camiño, así como a moitos outros que non podían pagar a pasaxe… levaba gratis a todo o mundo. Contoume nunha ocasión o antigo alcalde de Pontecesures, Piñeiro Ares, que grazas a Varela pudo facerlle as beiras á que foi logo a súa muller.
Varela, meu bisavó, era de Trabanca Sardiñeira (Vilagarcía) e certamente o traxecto Carril -Cornes leváballe un feixe de horas, sobre todo porque era faladoiro e non se privaba de facer paradiñas para falar ou subir a calquera ao tren.
Dificilmente podía deixar a ninguén en terra porque sempre ía tarde.
COMENTARIO Á ENTRADA SEGUINTE SOBRE «O TREN DE VARELA».
El Correo Gallego
0 comentarios