Entrevista ao operador do antigo cine de Pontecesures, Horacio Castroagudín Magán.

Publicado por Redacción en

A raíz de lermos na clase de galego un conto de Marcial Suárez titulado «O acomodador», no que se narraba a historia dun acomodador dun cine de Allariz que tiña que soportar as trasnadas dos rapaes, xurdiunos a curiosidade por saber algo do antigo cine de Pontecesures. Os nosos familaires miores contáronnos moitas veces que na rúa San Lois existía tempo atrás un cine chamado Colón, onde hoxe se sitúa un supermercado. Decidimos pescudar algo máis sobre este tema e soubemos que na nosa vila aínda vivía o operador daquel cine. Así, uns cantos de nós, fomos visitalo e fixémoslle unha entrevista. A experiencia resultou moi divertida, posto que D. José Horacio acolleunos con simpatía e hospitalidade no seu domicilio. Agora, con 84 anos, aínda se lembra de moitos datos e historias que a continuación reporducimos na entrevista.

Cantos anos traballou vostede no cine Colón de Pontecesures e cantos estivo en funcionamento?.

O cine Colón estivo aberto trinta anos e eu traballei nel como operador dezaoito, dende que tiña vinte anos.

Por que decidiron abrir un cine en Pontecesures?.

Porque daquela en Cesures aínda non había ningún cine e a xente ía aos das vilas de arredor, por exemplo a Padrón. Así que pensamos que, se abriamos un, podería ter éxito.

E foi rendible, realmente?.

Pois si que foi un bo negocio porque atraía a moitos espectadores.

Tiñan que pagar un aluguer ou o local era seu?.

Eramos dous socios os donos do local, o meu tío e mais eu.

Canto podían custar as entradas?.

Dependía da zona na que estivese o espectador, pois na zona máis próxima á pantalla as entradas custaban dez pesetas, mentres que as do galiñeiro eran as máis baratas, pois só custaban tres pesetas.

Canta salas había?.

Había dúas: unha na planta baixa, sobre todo para as sesións infantís, e outra na planta de arriba para os adultos.

Cal era a cpacidade do local do cine?.

Cabían unhas trescentas persoas.

Había algún acomodador?

Sí, había tres tanto para levar aos espectadores ata os asentos como para evitar conflitos.

Logo era frecuente que houbese ruído ou pelexas durante a proxección?.

Dentro non había grandes problemas, pero fóra si, incluso pelexas.

Había tenda para comprar lambetadas mentres se proxectaba a película?.

Diante do cine, na porta de entrada, estaban dúas mulleres vendendo lambetadas que levaban nunhas caixas de madeira penduradas ao pescozo. Era curioso que os caramelos que vendían tamén se chamaban «Colón».

Por certo, e por que lle puxeron o nome «Colón» ao cine?.

Pois porque o meu socio, que xa vos dixen que era o meu tío, viaxara moito á América e puxémoslle o nome na honra da persoa que descubriu ese continente.

Que tipo de películas acostumaban a proxectar no cine?.

Gustaban moito as películas de vaqueiros e tamén os dramas.

Guíábanse polas recomendacións da Igrexa para proxectar a película?.

Sí, había películas que só podían ver os espectadores de determinada idade, aconsellados pola autoridade eclesiástica.

E, por último, foi algunha vez un actor ou actriz coñecido daquela época?.

Sí, tivemos a sorte de acoller nunha sesión ao coñecido showman galego John Balan, ao que coñecera en América o meu tío.

Traballo de Jennifer Lorenzo, Esther Eitor, Álvaro Jamardo, José Jaime Castaño e demais alumnado de 1º de ESO.

VOCEIRO DO PINO MANSO EDITADO POLO C.P.I. PONTECESURES.

 

 

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.