Pontecesures lembra a Carlos Bóveda aos dez anos da súa morte.

Publicado por Redacción en

O Concello dedícalle ao pintor padronés unha rúa

Levaba a Padrón e a Pontecesures no sentimento e tamén na paleta. O seu pincel deixou de retratar a alma galega, a súas costumes, as súas xentes e o seu paisaxe hai agora dez anos. Cando se cumple o décimo aniversario da súa morte, o Concello de Pontecesures quere lembrar a súa figura cunha doble homenaxe. Por unha banda, o Concello dedícalle unha rúa na vila, e por outra, a casa consistorial acollerá a exposición Entre cores e soños que tenta repasar a traxectoria pictórica do artista da alma e da morriña, como chegaron a definir a Bóveda. Ámbolos dous actos terán lugar este sábado, a partir das 12.00 horas.

Según dixo a súa viúva, Sara Paz, foi neste concello donde se fraguou a súa actividade artística e social e donde bebeu das obras que Asorey, Maside ou Castelao estampaban nas creacións da Cerámica Celta.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.