Denuncian unha incidencia ocorrida no pleno ordinario de Pontecesures que tivo lugar no dia de onte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Una persoa das que aistiron onte, 24 de novembro, ao pleno ordinario, comentou nas redes sociais que un concelleiro preguntoulle ao remate da sesión se estivera a gravar a mesma co móbil e, o que é pior, que a Policía Local chamouna logo por teléfono para preguntarlle o mesmo.

De confirmarse isto, estamos ante outro feito moi grave que lembra a outros tempos xa superados. Deixando á marxe interpretacións legais e gravacións no pasado de momentos das sesións por parte de medios de comunicación e de particulares, é incrible que un goberno que se considera progresista teña estas actitudes cos veciños do pobo. ¿Por que lle molesta ao equipo de goberno que se tomen imaxes ou se graven debates das sesións?. ¿Que hai que agochar do que ocorre nas sesións públicas? ¿Por que lle molesta que se dea información á xente?.

Non deixa falar o goberno ao público nas quendas de rogos e preguntas nos plenos, examina con «lupa» os nomes dos asinanates dos escritos nas iniciativas cidadás de queixas, envíalle a un policía local para que estea a carón dunha veciña nun pleno coa amenaza de expulsión e agora outra veciña recibe a chamada dun policía relacionada coa súa asistencia a outro pleno.

¡Que triste!. Que teña que pasar isto no tempo que vivimos é lamentable e constitúe unha das razóns para que cada vez máis colectivos mostren o seu disgusto cos políticos e coas institucións. Só queda desexar que en maio próximo os veciños lle den a este goberno o seu merecido nas urnas. Non podemos seguir así.

Pontecesures, 25/11/14

Luis Ángel Sabariz Rolán.
Concelleiro da ACP de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.