Asamblea da agrupación local do PSdeG-PSOE de Pontecesures

Publicado por socialistas de pontecesures en

A executiva local do PSdeG-PSOE de Pontecesures ven de convocar unha asamblea dirixida aos seus militantes para o vindeiro venres 23 de xaneiro ás 20:30 horas, na Casa do Pobo, na travesía da Bandeira. Na orde do día figura a eleccíon do candidato/a a encabezar a lista do partido nas próximas eleccións municipais.
A comisión executiva local do PSdeG-PSOE de Pontecesures tomou a decisión de iniciar o proceso de primarias para a elección do seu candidato/a á alcaldía para as próximas eleccións municipais do 24 de maio. A comisión executiva local cree convinte dar o máximo de transparencia e apertura á elección do candidato, de modo que calquera militante do PSdeG-PSOE de Pontecesures poida concorrer a este proceso e votar.
O PSdeG-PSOE de Pontecesures deixará abierto ata o mesmo día 23 de xaneiro o prazo para que se postulen os candidatos a encabezar a lista que concurrirá ás próximas eleccións municipais. Ás 20:30 horas, a asamblea local do PSdeG-PSOE de Pontecesures convoca a todos os militantes para votar e elixir, de entre os candidatos presentados, á persoa que irá en cabeza da lista socialista ás eleccións municipais. Unha vez elexido e ratificado pola asamblea, o candidato será investido de xeito oficial como cabeza de lista.

Categorías: Política

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.