OBRAS DO PPOS (PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS) 2015

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O concello de Pontecesures ven de solicitar á Deputación de Pontevedra duas obras do P.P.O.S. 2015:

1º) ACTUACI?N DE MELLORA E ADECUACI?N DE CADROS NA INSTALACI?N DE ILUMINACI?N P?BLICA

O Concello de Pontecesures precisa levar a cabo unha actuación de mellora dos cadros eléctricos da súa instalación de iluminación pública, para dotalos de maior seguridade e eficiencia.

A actuación consistirá na renovación dos cadros que se atopan en peor estado, un total de 15 cadros eléctricos.

Actualmente, boa parte dos cadros da instalación de iluminación pública atópanse moi desfasados, con aparellos antigos, algúns estropeados e, sobre todo, con poucos elementos de seguridade.

1

2

3

 

As obras consistirán na instalación, segundo as necesidades de cada cadro, de:

– Interruptor diferencial rearmable

– Interruptor con reloxo astronómico

– Instalación de toma de terra

– Interruptor magnetotérmico xeral

– Interruptor magnetotérmico para liñas de saída

– Contactor trifásico

Ademais destes compoñentes dos circuitos eléctricos, nalgúns casos haberá que cambiar a estrutura en sí dos cadros (os armarios e as placas de montaxe).

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 20.703,10 ? (vinte mil setecentos tres euros con dez céntimos).

 

2º) ACTUACI?N DE ASFALTADO NAS R?AS CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A MIGU?NS PARRADO E R?A CANTILLO.

 O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de mellora do firme en tres rúas municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

A obra consistirán na execución dunha nova capa de rodadura, xa que a actual atópase en mal estado. Actualmente, os viais nos que se pretende realizar unha actuación de mellora contan cun firme asfáltico deteriorado, con moitas fochancas e co asfalto disgregado polo seu uso e antigüidade.

CAMI?O DE SAN XULIÁN

4

5

R?A MIGU?NS PARRADO

6

7

 

R?A CANTILLO

8

9

 

Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas, especialmente en Miguéns Parrado e San Xulián.

As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente. Para isto, na rúa Cantillo deberase previamente limpar as marxes e o asfalto actual. No caso de San Xulián e Miguéns Parrado, será preciso facer previamente un fresado do asfalto actual, xa que existen numerosas entradas de garaxes e vivendas que xa están ao nivel actual da calzada, e tamén hai zonas onde o asfalto xa está ao mesmo nivel ou incluso máis alto que a beirarrúa. Ademais, tendo en conta o gran número de tapas de pozos e arquetas existentes, economicamente tamén resulta aconsellable proceder ao fresado e non ter que adaptar as tapas á cota final do novo asfalto.

Na rúa Cantillo, onde non se prevé fresado, sí que será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. O asfaltado realizarase cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial.

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 50.457,57 ? (cincuenta mil catrocentos cincuenta e sete euros con cincuenta e sete céntimos).


1 comentario

hora · 11-02-2015 a las 16:55

Pareceme ben que asfalten esas calles, ningunha ten uns baches tan grandes como a que vai da rotonda de Chanteclair a Condide.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.