Colocaron a correr estes bancos vellos na rúa do Regadío na xornada de reflexión.

Publicado por Redacción en

banco1banco2

Pinchar fotografías.

No mesmo tempo que se estaba a colocar a mesa de pedra de parque de Carreiras retiráronse do recinto estes bancos para colocalos o día de reflexión das elección locais do 24 de maio na rúa do Regadío. Está ben aproveitar os bens de todos e incluso paréceme axeitada a situación dos bancos no Camiño Portugués. Pero o que é incrible e que se levaran así a correr sen darlle sequera unha man de pintura. Damos así unha impresión de vergoña pois os bancos neste estado non deben colocarse en ningún sitio. O máis normal é retirar os bancos, acondicionalos e pintalos, para, posteriormente, colocalos de novo. Pero claro, había que levar os bancos á rúa do Regadío antes das eleccións.

Solicítase ao goberno local en funcións que ordene o pintado e acondicionamento dos bancos con toda urxencia. Estes detalles hai que coidalos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións


4 comentarios

Chusqui · 1-06-2015 a las 16:00

Sr. Sabariz, desde logo vostede faime partir o cú á risa, recordolle que eses bancos foron colocandos no parque de Carreiras cando vostede, o Sr. Randulfe e a Sra. Maribel Castro estaban a gobernar, foi un dos primeiros e dos poucos arranxos que vostedes fixeron, é máis, según os meus datos eses bancos foron pintados por un obradoiro de emprego, xa foron quitados doutro sitio, donde se colocou uns novos, levandolle a escoria a Carreiras. Durante os catro anos do seu mandato non se lle volveu dar unha man de pintura e agora ven vostede a intentar crear conflictos, hai que ter vergoña…

Luis Sabariz · 1-06-2015 a las 16:41

Non veñamos co túnel do tempo (o goberno anterior fixo bastante mellor xestión que o que agora remata o mandato). Eses bancos non se deberon poñer nese estado en ningunha parte e menos na véspera do día das eleccións.

Chusqui · 1-06-2015 a las 17:17

Non digo que non lle fagan falta unha man de pintura pero nese estado xa estaban no parque de Carreiras e vostede non os criticou para nada, a parte según observei, non estaban no sitio apropiado, non sei como nunca se mancou un meno neles, a parte, según vexo agora, dende o meu punto de vista, non están ubicados non sitio tan malo, xa que cada vez que paso por alí hai peregrinos ou viandantes sentados.
Según me contaron os veciños colocaronse ese día porque aproveitaron o camión que truxo as pedras cas que fixeron a mesa para levar os bancos ata alí.
Agora pidolle un favor, xa que sempre está a intentar machacar ao goberno pidalle que lle arranxen aquel parque aos usuarios do parque de Carreiras porque a verdade é que eso en vez de parecer un parque parece unha corredoira, sin falar das normativas que incumpre, como vostede pode saber, entre elas non haber baranda de separación da carretera co parque, a balaustrada máis baixa da medida correspondente, etc, etc, etc.

Luis Sabariz · 1-06-2015 a las 19:21

En fin, unha «chapuza» máis esta dos bancos no día de reflexión. Nada se fixo nestes catro últimos anos en Carreiras e lembráronse a facer algo co tempo esgotado.
Estamos de acordo nunha cousa: a situación dos bancos no Camiño Portugués para min tamén é axeitada. Xa o dixen.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.