Perigo na rúa Doctor Mosquera de Condide.

Publicado por Redacción en

mosquera

Pinchar en fotografía.

Nestes días estase a proceder ao asfaltado desta rúa situada no lugar de Condide. Tamén foron construídos na mesma actuación dous pasos de peóns elevados na rúa por razóns de seguridade viaria. Pero o problema é que os badéns quedan cos pasos sen pintar toda a fin de semana.Sen sinalización horizontal e cunha deficiente sinalización vertical, como a que foi colocada, hai perigo de que algún vehículo sufra danos por non decatarse da existencia dos badéns.

Dende a ACP instamos ao goberno local para que, con toda urxencia, se proceda ao pintado da sinalización horizontal en toda a rúa.

Por último, comentar que foi unha mágoa que antes de botar a capa de rodadura non se rebaixase o firme. Agora os bordillos das beirarrúas teñen moi pouca altura séndolle doado aos coches montar os bordillos co corrrespondiente perigo para os peóns. Por desgracia isto de non renbaixar previamente os fimes xa o veu facendo o goberno local en bastantes obras de asfaltado durante estes catro anos que rematan. Agora os veciños das rúas afectadas pagan as consecuencias das deficientes decisións que se tomaron.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.