A parte do vial do Camiño de San Xulián non afectado polo recente asfaltado hai que limpala.

Publicado por Redacción en

Cño san

Pinchar na fotografía.

Neste días tivo o lugar o fresado e o asfaltado do Camiño de San Xulián, agás un pequeno treito onde remata esta rúa que é o que vai dende o novo Supermercado Froiz ata a intersección coa N-550.

O treito non afectado pola obra quedou, na calzada e na beirarrúa, con algún pegote de «chapapote» procedente da maquinaria que estivo alí estacionada. Solícitase ao goberno local que ordene a limpeza desta zona. Non se poden deixar así os traballos de calquera xeito.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.