Por fin o goberno local paraliza a obra do Cagaxol.

Publicado por Redacción en

Logo da máis dunha semana de comezar as obras sen proxevto, sen licenza e ocupando terreos de titularidade municipal do Monte de Porto, por fin onte ao mediodía o alcalde en funcións asinou un decreto suspendendo inmediatamente (o de «inmediatamente» haberá que tomalo con certa incredulidade), como medida cautelar, as obras que se realizan no Cagaxol de «construción dun muro de contención e peche perimetral anexos á vivenda sita en R/. Cagaxol nº 4 de Pontecesures, sen autorización previa e con ocupación de terreos de titularidade municipal». Ordenouse tamén «o precinto da maquinaria e do material que se está a utilizar nas obras, dando orde á Policia Municipal para o seu precinto inmediato». Por último se reflicte que «dado que as obras de construción se atopan en solo sometido ao réxime de solo rústico e tendo asinado un convenio con Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) remítase o expediente para a súa continuidade polo citado organismo».

Con isto queda demostrado que a obra non se paralizara antes como afirmaba o goberno municipal nos medios o mércores 3 de xuño faltando á verdade. Imos ver agora que sucede con este expediente e tamén co de recuparación de oficio do terreo do Monte de Porto. Haberá que estar atentos para o cal xa foi solitada toda a documentación no concello.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.