Obstruccionismo e falla de respecto do goberno local en funcións co labor da oposición.

Publicado por Redacción en

Con data 04/06/15 solicitouse, en relación coa obra que se estaba a realizar en solo rústico no Cagaxol sen licenza ocupando terreos municipais do Monte do Porto e que se tardou en paralizar máis dunha semana, consultar o expediente cos partes policíais, notificación da paralización, trámites en relación coa recuperación de oficio da posesión e escrito de comunicación da actuación á APLU. Pois ben; pasaron os cinco días hábiles de prazo que a normativa establece para a autorización da consulta e este concelleiro en funcións non recibiu dita autorización non podendo consultar o expediente.

Tampouco se lle facililtou a este concelleiro o informe solicitado o 07/04/15, reiterado o 04/06/15, en relación co feito de que a vivenda situada na rúa Doctor Mosquera nº 31 de Condide ten, logo dunha obra municipal en toda a rúa, unha tubaría de 200 mm para evacuaciòn de augas pluviais mentres as outras vivendas téñena de 110 ou de 125 mm como moito. Neste caso de presunto favoritismo, nin se facilitou o informe solicitado nin o concelleiro Ángel Souto informou a que se deben estes privilexios concretando se primeiro se colocou na vivenda un tubo de 110 mm e logo foi substituído por un de 200 mm e o custo de dita mellora, en materiais e horas de traballo, así como quen afrontou ese custo.

En fin, obscurantismo e incumprimento da normativa ante o que agora pouco podo facer. Mañá deixo de ser concelleiro e só queda pedirlle á oposición (imos ter outra vez o tripartito BNG/TeGa/PSOE presumiblemente co mesmo concelleiro de obras e con PP e IP na oposición) que se interese por estes temas que cito. Tanto o asunto urbanístico de de usurpación de terreos muncipais como o ocorrido na rúa Doctor Mosquera nº 31 coa tubaría de pluviais deben ser seguidos ao detalle. Aínda que tamén como simple veciño permanecerei atento ao que sucede no futuro con estes temas.

Pontecesures, 12/06/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións


8 comentarios

outro · 12-06-2015 a las 18:28

Grazas, Sabariz, polo feito ata o de agora. E grazas por seguir informando.

Pereiras · 12-06-2015 a las 18:42

Moi ben Sabariz ata o final, moitos anos na corporación sen cobrar un peso, aguantando de todo, pintadas, panfletos, berros, burlas e ata agresions, o outro dia me dixeron que o viron no cuartel da Valga triste porque lle raiaron o seu coche por todos os lados, pode ser que o ataque tivera que ver co seu labor non me estrañaría, para el o meu agradecemento, sempre o vin facendo cousas polo pobo, sei que moitos destriparono sen piedade, moi inxusto. ¡Sabariz! pouco consuelo representan estas palabras pero e xusto dicilas, tamén teño pensado darche un abrazo cando te vexa

Carrais · 12-06-2015 a las 19:22

Bo concelleiro, bo comunicador, boa persoa, Sabariz nos deixa cando poidera ter máis votos, quedan os parados de longa duración representando a un pobo decadente, onde a educación e a cultura estan baixo minimos,

Luis Sabariz · 13-06-2015 a las 00:05

Cuando dejas la corporación después de 16 años te vienen a la mente muchas cosas en estos días de despedida (logros, anécdotas, debates, sinsabores, alegrías, decepciones, etc…). Hice lo que pude durante este tiempo con la mejor intención. Todos tenemos nuestro corazoncito y reconforta, sin duda, que haya algunas frases de apoyo en estos momentos. Se agradecen.

Chusqui · 13-06-2015 a las 00:18

Sr. Sabariz, a pesar das miñas críticas que puidesen estar de acordo ou non coas suas dalgunhas actuacións que levou a cabo no pobo, tanto no goberno como na oposición, non quero que crea que estou en desacordo con todos os traballos que vostede veu realizando, tamén sigo creendo que se vai botar moito de falta a sua persoa como concelleiro para facer a oposición, sobre todo ao ter que soportar catro anos máis un desgoberno no noso pobo sin ter unha persoa mirando con lupa os tejemanejes que poidan facer a nova (e antiga) corporación.
Por outra parte quero darlle o meu apoio moral (aínda que non sirva de moito) polos ataques vándalicos que sufriu no seu coche este pasado fin de semana. Creo recordar que fai catro anos, despois das eleccións, tamén lle rallaran o coche ao pai do Sr. Angel Cordo, ¿Serán os mesmos? Como para saber quen ou quenes foron…
Bueno, cambiando de tema, parece mentira que non criticara a «media chapuza» de asfaltado que fixeron na sua rúa (Camiño a San Xulián) porque según se vai andando por ela vamos quedando pegados como si fosemos moscas, bueno, despois de todo aínda tuvo suerte de que non lle puxeran os famosos badens que tan de moda os queren poñer o goberno municipal, como os que parece ser que xa están prollectados e presupuestados para poñer en varios puntos do centro do pobo. Oeu jajaja, desde logo, como cambiamos de parecer as persoas, o que fixera fai 24 anos (se a memoria non me falla) o alcalde Sr. Piñeiro Ares, que puxera tres bandas seguidas en un tramo de 1,50m e tendo de altura 2cm e uns 30cm de ancho en 5 puntos da calle central do pobo, e os que antes o tildaban de dictador, tolo, etc, etc, etc, resultan ser (ou parte deles) os que ahoran queren poñelos nos mesmos lugares, superando as medidas con creces, porque según teño entendido van ter unhas medidas aproximadas de uns 4m de longo por 15cm de alto.
Por certo, as obras de asfaltado se estiveron realizando no pobo, e máis as que quedan por facer, polo que teño entendido son pagadas pola Reputación de Pontevedra, ¿Non se botarían atrás por non haber gañado o PP?

Chupatintas · 13-06-2015 a las 23:06

Anda anda sabaris, que a metade dos comentaristas de aquí sempre fuches ti mismo….anda

doctor · 14-06-2015 a las 12:16

Que ben! Acabou esta pesadilla ao final

Luis Sabariz · 14-06-2015 a las 13:35

Alguén non concibe que tamén tivera apoios. Pois claro que os tiven, e os teño, e iso non que ten porque ser un pesadelo para ninguén.

Responder a Chusqui Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.