II XUNTANZA DE ANTIGOS ALUMNOS DO INSTITUTO DE PADRÃ?N, ANOS 75/76

Publicado por fru en

O venres 19 de xuño celebrouse a segunda xuntanza de antigos alumnos do instituto de Padrón dos anos 75/76.

Os antigos alumnos e profesores, procedentes de toda a xeografía española, foron recibidos no local do antigo instituto, hoxe centro social, por Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Manuel Barreiro Barreiro e Antonio Tubío Piñeiro, organizadores do evento.

Rematada a recepción percorreron as rúas da vila padronesa, nun viaxe ó pasado para moitos dos asistentes, que levaban desde a súa época de estudantes sen visitar a Terra de Rosalía.

Un dos lugares visitados foi o Bar Laiño, onde se serviu un aperitivo os asistentes. Os titulares do establecemento,  Maruja e Severo, foron dous alumnos mais lembrando as vivencias destes no establecemento.

Despois do aperitivo trasladáronse o Scala onde se celebrou a cea de confraternidade. � remate da cea proxectouse un vídeo con fotos de época do instituto, aportadas polos alumnos.

De seguido  Manuel Barreiro leu unha emotiva carta que o profesor Víctor Aragonés dirixiu ós antigos compañeiros e alumnos.

Xosé Carlos Beiró foi o encargado de recordar, cunha sentida alocución, ós profesores e alumnos que xa non están con nos.

Finalmente Antonio Tubío Piñeiro, coñecido coma Maneiro, dirixiuse ós presentes para agradecer ós profesores a súa presenza e darlle grazas a marea que fixo posible que se xuntaran mais de cen persoas neste acto.

Como anécdota mais destacable comentou a sorpresa dalgúns profesores, cando lles apareceu na porta a policía preguntando por eles, ó non dispor doutro medio para contactar con estes.

A presenza dos profesores foi a sorpresa da xornada, dado que so os organizadores tiñan coñecemento dos que ían a asistir. Os profesores resultaron tamén sorprendidos pola asistencia de compañeiros que non volveran a ver desde aquela época.

 Os profesores presentes, José Manuel Sánchez, Conchita Pose, Higinio Rodríguez, o matrimonio Angeles González e Hilario Saínz, Fita Garrido, o escritor Bernardino Graña e a directora Marisel Véliz, recibiron o cariño dos seus antigos alumnos, que lle agradeceron as súas ensinanzas, brindándolle, en pe, un prolongado aplauso cargado de simbolismo.

Destacable dos profesores foi o mozo espírito de Bernardino Graña, quen, moi minguado na súa condición física, por un recente ictus, quixo estar presente en todos os actos. E a presenza da directora, Isabel Véliz, considerada, polos seus compañeiros, como a verdadeira alma mater daquel grupo de mozos profesores que, con moi poucos medios, puxeron en marcha  o recen creado instituto de Padrón.

A cea finalizou cun brindes polas moitas boas cousas que o Instituto de Padrón aportou as vidas dos presentes, entre elas o poder gozar da xuntanza que se estaba a celebrar.

� remate da cea os mais festeiros trasladáronse a discoteca do hotel, onde permaneceron ata altas horas da madrugada.

Galería de fotos:

IMG-20150620-WA0080

1896927_843090309061613_1029048285448767529_n

10354615_843091115728199_1511408117531321742_n

11105160_843090705728240_1446587189067792214_n

11537804_843091232394854_1845601484394035458_n

IMG-20150626-WA0001

IMG-20150620-WA0075

IMG-20150620-WA0036


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.