OBRADOIRO ??O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR? EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

unidad-profesor-2014.indd

??O Sabor da Aventura está no mar? é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Esta campaña pretende achegar aos nenos e nenas da nosa comunidade toda esta información e ampliarlles os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Para chegar aos nenos/as deseñouse un obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. O obradoiro contempla a realización dunha obra de teatro, actividades lúdicas, reparto de agasallos e diplomas.

Para participar nesta actividade, que terá lugar o venres 31 de xullo ás 11.00 da mañá na Plazuela,  os nenos e nenas deben cumplimentar a ficha de inscrición nas oficinas do Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.