NOTA DO PP PONTECESURES SOBRE A MOCI?N DE APOIO ? SECTOR LACTEO

Publicado por populares de Pontecesures en

No Pleno do pasado día 28 de setembro, parte dos que conforman o equipo de goberno, excluido Terra Galega que non a suscribiu, presentaron unha moción na que pedían o Pleno o apoio ó sector lácteo nas súas demandas.

O Partido Popular presentou unha emenda á moción na que compartindo o contido do que presentaba o equipo de goberno pedía que se incluira ademáis un par de puntos adicionais, un deles era solicitar á Consellería de Medio Rural a adhesión do Concello de Pontecesures á campaña de promoción do leite de calidade que promove a Xunta co nome de ??Galega 100%?

O outro punto era solicitar á Deputación de Pontevedra que elabore un plan de apoio ó sector lácteo para a mellora das explotacións gandeiras de Pontecesures, e en xeral as de toda a provincia, de maneira coordinada con outras administracións.

Tal como ven facendo o tripartito no goberno, de xeito casi automático dende que pactaron para gobernar,  votou en contra da proposta, , esta vez todo o equipo de goberno incluido Terra Galega que antes non tiña nin suscrito a moción, afirmando que en Pontecesures non hai explotacións lácteas e non hai nada que engadir á moción que tiñan presentada.

Asistimos unha vez máis ó descoñecemento que ten o equipo de goberno do pobo que intenta gobernar.

Na actualidade no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega), existen 31 cabezas de gando destinadas a producción de leite no concello de Pontecesures, todas elas nunha única explotación leiteira situada na zona de Grobas, pertencente claro está ó Concello de Pontecesures.

??E pasmoso o descoñecemento da sra Tarela e dos seus socios de goberno dos asuntos que levan a Pleno . E casi cómico o feito de que en Grobas-Fenteira segundo o Instituto Galego de Estadística hai 29 veciños, hai máis vacas de leite que veciños?. E dín que en Pontecesures non hai explotación leiteira algunha. Sorprende ver a Cecilia Tarela abanderando en Pontecesures a defensa dos gandeiros das comarcas  do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, e vote en contra de apoiar ós do propio pobo que preside, e o que é máis insólito, ignora que existen?

 

 

Juan Manuel Vidal Seage

Portavoz Grupo Popular

Concello Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.