«O concello ten que moverse para paralizar a ampliación da subestación eléctrica de Padrón».

Publicado por Redacción en

En Radio Obradoiro, Xoán Santaló, portavoz do BNG, cree que a solicitude de Unión Fenosa debera quedar en «stand by» ata que «se estableza no PXOM a ubicación idónea para ela».

O BNG de Padrón presentou unha alegación ante a Consellería de Economía e Industria, opoñéndose á solicitude feita por Unión Fenosa para ampliar a subestación eléctrica situada na Avenida Camilo José Cela. Malia que segundo a Xunta a intención da compañía é renovar, e non ampliar, a instalación, o portavoz do Bloque sinalou en Radio Obradoiro que «o proxecto está redactado de forma ambigua para poder instalar outro transformador». Xoán Santaló, que lembrou que xa se fixeron melloras en 2013, sinalou que obxectivo do seu partido con esa alegación é «evitar que se consolide un atranco á evolución de Padrón, xa que a ubicación actual da subestación limita o crecemento do municipio polo norte e polo leste». Cre que «o concello ten que moverse para evitar esta actuación ata que se estableza no PXOM unha ubicación ideónea». Ubicación que debe pasar «por desprazala cara zonas industriais e deshabitadas».

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.