Hoxe xoves 10 de marzo, co gallo da Festa da Lamprea, estará á noite a alcaldesa Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Maria Teresa Tocino no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Hoxe xoves no programa das festas e orquestras Palco de Estrelas, que dirixe e presenta Daniel Seijas en horario de 20h e ata ás 5 ou 6-7 da madrugada, que se emite en Radio Valga 107.9 FM conxuntamente en directo tamén para a zona da Costa da Morte (comarcas de Bergantiños,Terra de Soneira, Fisterra e Muros) a través das emisoras Radio Neria de Corcubión 107.8 FM e Radio Roncudo de Corme 106.1 FM, contará ca presencia da alcaldesa de Pontecesures Dona Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Dona María Teresa Tocino para falar da XXI edición da Festa da Lamprea asi coma doutros asuntos. Estarán en directo aproximadamente a partires das 22.30h. Ademais coma sempre no programa sonaran as últimas novidades musicais festeiras das orquestas,chamadas en directo, as «bombas» sobre os cambios nas orquestras,os santiños,a axenda festeira e o que lle cadre.

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.