Alumnos padroneses sorprenden cun proxecto de empresa de bicicletas.

Publicado por Redacción en

O proxecto xurdiu nun obradoiro de iniciativa emprendedora.

bimas

Para a presentación do proxecto, un dos alumnos levou unha bicicleta ao salón de actos.

Como se de auténticos xoves emprendedores se tratase, o alumnado de cuarto curso de Educación Secundaria do Instituto Macías O Namorado de Padrón presentou días atrás a idea empresarial que desenrolaron tras participar nun Obradoiro de Iniciativa Emprendedora (OIE).

Para a parte práctica, o alumnado creou unha empresa on-line dedicada á reciclaxe, personalización e venda de pezas para bicicletas. Na convocatoria de prensa do acto non se especificaba a idade do alumnado polo que, vendo a presentación seria e con ilusión da iniciativa empresarial, a que lle puxeron o nome de Bicivai, custaba crer que esa empresa fose «ficticia».

Así, o alumnado presentou a páxina web da empresa, en construción, segundo dixo, un vídeo promocional da mesma feito nas instalacións do instituto padronés e durante una saída en bicicleta con alumnos e profesores; e ata un lema: «Respira, vive, pedalea». Todo moi ben vendido baixo a idea de recuperar as bicicletas «esquecidas no garaxe» e convertelas como compañeiras de vida, fronte ao «sedentarismo», explicaron os rapaces.

«Moverse para vivir sobre rodas» ou «nos poñemos a bici na túa vida» son algunhas das frases coas que estes futuros emprendedores tratan de captar a clientela para a súa empresa ficticia.

Para o final reservaron o que chamaron resucitador, para amañar bicicletas vellas (ata levaron unha ao salón de actos do instituto); o personalizador, para facer bicicletas ao gusto do consumidor a partir das pezas seleccionadas da páxina web. Lección aprendida; o taller cundeu.

La Voz de Galicia


2 comentarios

O carallo · 6-05-2016 a las 08:59

Pfff… Parece mentira que periodistas titulados non entendan a diferencia entre desenrolar e desenvolver… E mentres, moita xente mellor cualificada, nas listas do paro… La Coz de Galicia…

outro · 6-05-2016 a las 19:57

Certamente sería desexable que os periodistas tiveran un pouquiño de «aquelo» cando escriben. Pero tampouco deben estrañar moito erros como ese. ? de supoñer que o redactor/a ten certa idade e ten interiorizados aqueles tempos pre-normativa nos que desenrolar empregábase no sentido de «desarrollar». En todo caso, non é cousa de demonizar estas expresións que vemos todos os días na prensa tamén en castelán (e dos políticos, dun e doutro bando, mellor nin falar).

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.