PROGRAMA DEPOTERMAL 2016 da Deputación de Pontevedra: Programa de asistencia diaria a balnearios e Programa termal con pernoctación.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

depotermal banner

Poderán beneficiarse deste plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Ser nacidos antes de 1966, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) segundo o caso.

b) Ser pensionista, para o que deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.

c) Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.

No caso de parellas que desexen participar no plan xuntos, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

Para máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11.00 a 15.00 horas e o martes de venres de 9.00 a 14.00 horas.

Bando DEPOTERMAL 2016

Bases DEPOTERMAL 2016

Formulario de solicitude DEPOTERMAL 2016


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.