PROCESO DE REESTRUTURACIÃ?N PARCELARIA EN GROBAS-FENTEIRA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

IMG_0233

Ao abeiro da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Consellería de Medio Rural  da Xunta de Galicia ten previsto iniciar un PROCESO DE REESTRUTURACI�N PARCELARIA no Concello de Pontecesures, esta reestruturación so afecta ao lugar de Grobas-Fenteira.

Antes do inicio deste proceso a Consellería de Medio Rural quere contar coa conformidade dos propietarios, e para iso todos os interesados que teñan propiedades no devandito lugar e que teñan interese neste proceso de reestruturación parcelaria poden presentar por escrito esta conformidade nas oficinas do Concello de Pontecesures, tendo á súa disposición o modelo de formulario a presentar nas propias oficinas municipais.

Recórdase que para que se leve a cabo este proceso necesítase, cando menos, a conformidade do 70% dos propietarios.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.