PROGRAMA DE EDUCACIÃ?N PARA PERSOAS ADULTAS EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

educ-adultos

PROGRAMA DE EDUCACI�N PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

1.- Clases presenciais e gratuítas para a obtención do título de graduado en educación secundaria –GRADUADO ESO– para maiores de 18 anos, por cursos ou ben accedendo ás probas libres nas dúas convocatorias (maio e setembro) podendo obter a titulación nun só día mediante exames tipo test.

2.- Clases presenciais e gratuítas para a preparación para o acceso a CICLO MEDIO, con exames nun só día en formato tipo test.

Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante dende o punto de vista de conseguir un emprego. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a postos de traballo convocados polas administracións públicas e empresas privadas.

Estas probas son convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Programa de Educación de Adult@s do Concello de Pontecesures está en  coordinación cos centros de ensinanza a distancia.

O horario é de luns a xoves de 18.30 h. a 21.30 h. (o horario pódese modificar dependendo das circunstancias do alumnado).

A impartición das clases será no colexio CPI de Pontecesures.

Para máis información acudir á AULA DE EDUCACIÃ?N DE PERSOAS ALDULTAS no CPI de Pontecesures, na Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 2 (edificio principal, 2º andar â??acceso polas escaleiras exteriores-) en horario de 19.00 a 20.00 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.