Gato desaparecido

Publicado por Antonio Cortés en

Fai xa un día que non se sabe nada de Zippie, o meu gato, non sería nada raro para un gato, pero si para este, que leva uns meses en Porto, e sae varias veces a dar unha volta e logo volta á casa a comer e durmir.
img_3335

� un gato grande, en comparación cos gatos normais, gosta de tomar o sol no xardín (na rúa Deputación) e andar a correr polas leiras do lado. Está capado, polo que, ainda sendo un gato de raza (Ruso Azul) pouca utilidade ten si alguén o levou.

img_3421Cando sae, e non pode entrar espera na porta da casa ata que alguén entra, e moi tranquilo, só se adica a dar paseos (curtos), e logo facer compañía na mina casa. Os meus pais están disgustados, pola desaparición, xa que é un animal que sempre reclama e da agarimos, e non é «problemático», non se mete onde non o chaman, e cando o chaman, esté onde esté ven correndo coma un cadeliño.

img_3388Leva o colar da imaxe, ten o chip identificativo, e non debería estar moi lonxe (si ainda está por aquí) da miña casa, sendo o lugar máis lonxe ó que vai ó quinteiro (Baixando pola rúa deputación, antes de chegar ó Choco).

Os meus pais están realmente preocupados polo inusual da súa desaparición, sobre todo porque ó estar capado, o de ir á xanela non é algo que faga.

Non é o primeiro gato que nos desaparece ou aparece cun pau dado e que chega a morrer a miña casa, pero á diferencia é que este non é dos que se mete onde non deba, e todo o contrario. Polo pasado recente sospeitamos o que lle pudo ocorrer, esperemos que non, porque de ser así se tomarían medidas.

Si por algunha casualidade o gato asustouse ou está perdido, esta fora da súa zona, e  alguén o ve pregamos nolo diga, si está asustado, coma todolos gatos, non se lle debe votar a man, so avisar para ir a recollelo.

Si está relaxado o normal é atopalo así:

img_3446

Eu estou fora, deixei Sevilla e agora estou en Bilbao, polo que non podo participar activamente na percura de Zippie, só podo esperar, sei que os meus pais buscaron e rebuscaron, chamarono … sin resultado.

Si alguén o ve, agradeceriamos moito que nos fixesen saben onde anda para que volte á casa.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.