O BNG de Pontecesures en contra da Variante da N-550.

Publicado por Redacción en

var

O pasado luns levamos a plenos varias mocións que iremos subindo ó longo de estas semana.
Todas elas teñen importancia, se ben, por diferentes razóns, consideramos que a MOCI�N EN CONTRA DA VARIANTE PROGRAMADA POLO MINISTERIO DE FOMENTO O PASO POR PONTECESURES E VALGA é unha das máis importantes.
«..EU QUE TRABALLO NUNHA EMPRESA QUE FAI OBRA PÃ?BLICA, VEXOA MOI BENEFICIOSA….(sic)»…… Esta foi a resposta do señor Seage á pregunta do BNG sobre cal era a súa razón para votar en contra da moción,resposta moi significativa que debería facernos pensar o interés de quén se está a defender
¿Por qué o BNG de Pontecesures presenta esta moción? O señor Seage e compañía (por certo, bastante molestos no pleno ante o que eles consideran moitas preguntas por parte da oposición ata o punto de , transcurrida unha hora aproximadamente, a señora Isabel Castro, concelleira de Urbanismo, abandonar o salón sen ter rematado o pleno e sen alegar nengún tipo de xustificación!!) alegaron que o BNG votou a favor da variante 4 no pleno de Xaneiro de 2015
Nada máis lonxe da realidade. O BNG amosou publicamente o seu desacordo con calquera das alternativas que Fomento ofrecía, optando por votar a opción menos dañina naquel momento para os veciños e o concello. Con posterioridade, houbo unha reunión con representantes de Fomento en Madrid na que se abogou por unha variante 0, é dicir, por non levar a cabo un proxecto que consideramos innecesario. Agora aparece un proxecto no que, a variante 4, é unha mezcla das número 1,3 e 4 do anterior proxecto; é dicir, nada que ver co votado nese pleno.
No BNG consideramos que nen hai clamor social nen necesidade real que xustifique a súa construcción. � máis, considerámolo un prexuízo por, entre outras, as seguintes razóns:
– O comercio local ubicado na N-550 verase seriamente perxudicado ó desviar o tránsito rodado
– O deseño obriga a modificar un tramo do Camiño de Santiago a altura do cruce de Chanteclair, en Condide; perxudicará numerosos depósitos de auga que os veciños de Pontecesures teñen no monte municipal e destroza nas Pesqueiras unha parte da Rede Natura
– O tráfico pesado que se dirixe ás principais factorías (unha no noso concello e a outra pertencente a Padrón) terán que seguir a usar a N-550.
-O proxecto contempla a conversión de esta variante nunha futura autovía, co que isto suporía (ampliación, maior impacto paisaxístico e novas expropiacións)
– 63 MILLÃ?NS DE EUROS en 7,5 km!!!! Case 9 millóns de euros por km; quén se beneficia de este despilfarro?
Ben, despois de todo esto, dicir que a moción NON FOI APROBADA, contou cos votos a favor da oposición pero cos votos en contra do equipo de goberno que, grazas ó voto de calidade do alcalde, impediu sacar a moción adiante.
Cada un que saque as súas propias conclusións.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.