O obradoiro ??Tecendo polo cambio?? clausúrase en Pontecesures cun acto de ??yarn bombing?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

– As participantes calcetaron unha peza colectiva que colocaron nas árbores do Coche de Pedra para chamar a atención sobre o coidado do medio ambiente

– A acción reivindicativa pechou a actividade do Fondo Galego de Cooperación, na que se reflexionou sobre a solidariedade internacional ou o comercio xusto

yarnbombing-1

Pontecesures, 9 de decembro de 2016. O obradoiro ??Tecendo polo cambio?? clausurouse hoxe en Pontecesures cun acto de ??yarn bombing? no que as participantes colocaron nas árbores que rodean o Coche de Pedra a peza que elaboraron colectivamente para lembrar a importancia do coidado ambiental tanto na nosa contorna coma nos países empobrecidos. A actividade de calceta, desenvolvida durante tres xornadas cunhas quince veciñas, está organizada polo Concello como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

yb2

A entidade ten promovido diversos proxectos en lugares como Cabo Verde ou Nicaragua para facilitar os recursos e campañas de sensibilización necesarias para unha axeitada xestión do lixo, da auga, do saneamento, etc.  Ademais, a defensa do medio ambiente é unha loita que conecta aos países do Sur e do Norte, pois se non o respectamos aquí tamén provocaremos efectos negativos alá, como está a acontecer co cambio climático.

yb3

A concelleira de Servizos Sociais, Maribel Castro, salientou durante o acto celebrado esta mañá que:

??A conexión entre o local e o global fomentouse asemade nas charlas incorporadas ao obradoiro ??Tecendo polo cambio??, impartido por Socorro Vázquez, onde as asistentes reflexionaron sobre temas como a cooperación internacional, a equidade de xénero ou o comercio xusto da man de diferentes persoas expertas convidadas para a ocasión.

Trátase dunha actividade de sensibilización fronte as desigualdades, ofertada polo Fondo Galego e cofinanciada pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo achegar ao eido rural e a veciñanza de todas as idades a defensa dos Dereitos Humanos, ao tempo que se recoñece o traballo feminino a través dunha tarefa compartida por mulleres de todos os tempos e culturas. Ademais, o ??yarn bombing? ou ??urban knitting? constitúe unha técnica de arte urbana coa que apropiarse do espazo público, relacionando o individual co colectivo e rompendo a dicotomía público/privado?.

Por último, amosou o seu agradecemento á tódalas persoas que participaron e colaboraron nesta actividade.

yb4

yb5


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.