O BNG de Pontecesures critica a escasa difusión do premio Borobó por parte do goberno local.

Publicado por Redacción en

Estamos a poucos días de rematar o 2016. Un ano que estaba chamado a ficar na memoria de Cesures e dos cesureños por ser conmemorativo do nacemento de un dos nosos máis ilustres veciños: Raimundo García Domínguez, Borobó
Remata o ano e, o que podía ser un broche de ouro de este centenario, o «Premio Xornalístico Raimundo García, Borobó» é, na realidade, un fracaso grazas, ó noso entender, á pésima xestión da convocatoria levada a cabo polo equipo de goberno
A convocatoria do premio, que pretendía homenaxear ó escritor e mestre do xornalismo galego no centenario do seu nacemento,foi acordado por unanimidade da anterior corporación municipal (BNG-PSOE) e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A entidade provincial participaba no premio aportando a totalidade do premio; asumindo os costes de impresión de cartelería e bases; e comprometéndose a editar un compendio das obras que se presentaran ó premio
No pasado pleno, preguntamos ó alcalde cal era o número de obras presentadas ó concurso. A resposta non foi moi alentadora, UNHA SOA OBRA presentada a concurso.
Non podemos dicir que nos sorprendera a resposta pero sí que foi unha decepción que, o que estaba chamado a ser un dos actos máis importantes do centenario se quede en nada. O 5 de decembro remataba o prazo de presentación e o número de obras presentadas seguía a ser o mesmo
No BNG temos claro que o equipo de goberno non tivo, en ningún momento, esta convocatoria como unha das súas prioridades por, entre outros, os seguintes motivos
– Tanto a cartelería como os folletos coas bases non foron recollidos da imprenta provincial ata finais do mes de outubro cando estaban listos dende o mes de agosto.Quedaron aparcados nas oficinas do Concello á espera de tempos mellores….
– A publicidade na prensa de maior tirada foi inexistente cando, o habitual neste tipo de premios, é publicitalo no maior número de diarios sobre todo cando se trata dunha primeira edición. O señor Seage ofendeuse moitísimo ante esta proposición, insinuando se non sabíamos o que era un e-mail ¿? e que él mandara un montón de correos a un montón de xente, da que non citou a ninguén, por certo e, visto o éxito da convocatoria, non deberon surtir o efecto desexado…..
– As bases foron feitas de presa e correndo, non albergamos a mínima dúbida: un prazo de publicación surrealista (do 1 de agosto e o 31 de novembro de 2016) deixando fóra artigos publicados en torno ó 10 de Xullo, data da conmemoración ou limitarse á prensa escrita deixando fóra os proxectos audiovisuais
Cando preguntamos polo papel da Xunta de Galicia, cuxo logo aparece no cartel da convocatoria, a resposta do alcalde foi que exercía tarefas de asesoramento….Bueno, pois podemos concluir que moi ben asesorados dado o éxito de convocatoria
A día de hoxe non sabemos que vai pasar co premio, xa que o alcalde non foi quén de contestar a esta pregunta. O que sí temos cada día máis claro é que, a cultura ó noso equipo de goberno, importalle bastante pouco e cada día que pasa deixano máis claro

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.