O BNG de Pontecesures critica a «inexistente» programación de Nadal

Publicado por Redacción en

(Voz de Galicia 29/12) El objetivo, señala el alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, es «dar algo más de ambiente festivo a la jornada».
«Algo más», ten razón o alcalde, porque o ambiente festivo no noso pobo é inexistente.Podíamos poñer un alumeado de Nadal que lle dera un pouco de vida ó pobo, o comercio, á hostelería. Convirán con nós en que lle quedou un pouco escaso, non? Eso sí, temos unha carpa plantada na Prazuela destinada a albergar a INEXISTENTE PROGRAMACI�N de Nadal dende o día 23 de decembro. Ah! as uvas! qué importa que as predicións atmosféricas deran, tanto para o fin de semana de Nadal como para o de fin de ano, ceos claros e despexados? Unha carpa viste moito, a verdade
Quedaron cartos e hai que gastalos, ¿en facer un programa con actividades gratuitas para os rapaces que se atopan de vacacións, como se fixo ata o ano pasado? Parvadas, en colocar unha carpa que sona como unha caixa rexistradora cada día que pasa (en canto vai sair esta broma?) amarrada con dúas pedras que ocupan a beirarrúa e impiden o paso da xente.
Obradoiros; sesións de cine polas tardes; torneos deportivos; teatro; actividades….todo GRATUITO. Así foi o programa de nadal do ano pasado (e anteriores), ofrecendo unha alternativa lúdica accesible para tod@s
Xa non falamos do fiasco da Festa de Bicicleta. Dende aquí aplaudir á concelleira de deportes polo acerto de trasladar o evento ó mes decembro; de seguir adiante cando se anunciaba choiva para todo o día; por discurrir unha parte do circuito a escuras (Porto) xa que nos metemos na noite; pola participación máis baixa de todas as convocatorias que se levan feitas e por cortarlle a rúa central do pobo ó comercio local a víspera de noiteboa.Parabéns, señora Espadas, amosan vostedes unha gran capacidade de organización e previsión en todas e cada unha das actividades que levan a cabo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.