O BNG pregunta por que Seage autorizou o pago da «facturiña» da Festa do Patrón 2016, presentada pola voceira de IP.

Publicado por Redacción en

Populares de Pontecesures, unha preguntiña
Con eses cartos que vos aforra a terceira exclusiva, pagades esa facturiña presentada pola vosa socia de goberno, portavoz de IP, por unha actuación realizada en Xaneiro de 2016 (cando estábades na oposición) pola festa do patrón (actuación gratuita en virtude de convenio de colaboración que establecía dúas actuacións ó ano sen cargo para o concello) e que foi presentada para o seu cobro no mes de Agosto de 2016 (cando populares e IP gobernan xuntos) e autorizado o seu pago polo señor SEAGE???
Cómo era? A señora Castro comentou no pleno de setembro que en compensación por ese cobro tan atípico, sete meses despois e sendo membro do equipo de goberno, agasallaría ó pobo de Pontecesures cunha obra de teatro para o noso deleite e recreo.

BNG de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.