O PP de Pontecesures carga contra a oposición do BNG.
Non convén empezar o ano con crispación, aÃnda que por alusións e agora que a xente anda teimando nos propósitos de ano novo, quén lle Ãa a dicir á actual portavoz do BNG e á súa mastermind que ó remate este ano 2016 Ãan a rematalo ostentando o insólito record de ser quen menos tempo ocupara o despacho de alcaldÃa no que levamos de historia do noso concello.
Un ano que agora remata no que amba-las dúas empezaron disfrutando, unha, das meles dun salario a final de mes no posto de alcaldesa por descarte e a outra centrada unicamente na súa faceta de defensora dos desaforos á maltreita cultura cesureña., iso sÃ… das outras funcións de Muller e Xuventude e Medio ambiente (onde o actual goberno tivo que lidiar con solucións ás continuas denuncias por vertidos ó Ulla non solucionadas polo anterior goberno) nada de nada….
Ã? probable que este repentino exceso de ocio faga que dende o pasado mes de maio anden ámbalas dúas «a toque de cornetÃn», como dirÃa un antigo concelleiro xa apartado da polÃtica, a rebufo do que vai facendo o equipo de goberno.
Hai agora un ano andaban pola hemeroteca queixas do estado do peirao, das farolas, de árbores taladas habÃa meses e aÃnda sen recoller, e unha ben aproveitada foto dunha decena de nenos que participaba nos programas Nadal na Rede, iso sÃ… sen carpa. Todos os carteis dos eventos máis destacados levaban a apostila : â?? En caso de choiva, a actividade realizarase no (Centro Social, Pavillón, etc).
Coas posibilidades que ofrece o non ter xa a 3 concelleiros nun equipo de goberno cobrando a fin de mes , puido o equipo de goberno actual colocar carpa e algunha outra licencia adicional, como a redución dos inexplicables gastos de mantemento dos vehÃculos municipais, a redución de costes das brigadas de incendios, conseguindo cumprir obxectivos de desbroce e poda con creces, mellora do estado xeral do pobo, etc, etc
Ã? probable que esta actitude da actual oposición vaia empeorando a media que avanza a lexislatura, centrados como están ultimamente na cousa cultural e deportiva, e teñamos que lembrarlle os papeis desempeñados polos anteriores titulares de estas concellerÃas, algún deles cobrando exclusiva polo desempeño desas funcións, as hemerotecas son sempre xuÃces implacables.
Pois iso… que este ano que empeza nos depare e mellor das sortes, con saúde e tamén traballo, para tod@s…
Populares de Pontecesures
0 comentarios