A Cabalgata que non foi tal

Publicado por socialistas de pontecesures en

A penosa programación de Nadal do Concello de Pontecesures non podía ter outro colofón: a Cabalgata de Reis (ou máis oportunamente, Andaina de Reis), non nos defraudou en absoluto. Para os que sospetaibamos da improvisación e a desidia como pautas do actual equipo de goberno con todo o relacionado coas actividades culturais, o resultado da programación de Nadal non puido ser máis triste.
Non negamos que a chegada dos Reis polo río era un bo arranque para a Cabalgata, pero o que é imperdoable é a eliminación do recorrido en carrozas polas rúas do pobo. Un acto que era do agrado de toda a veciñanza , dos comerciantes e hostaleiros do pobo, e en especial, dos nenos e nenas da vila. Esa Cabalgata, que xa era unha tradición neste pobo, foi sustituida por un paseíño desganado e desordenado ata a Plazuela.
Só hai unha explicación ao sucedido: a desidia e o pouco esforzo adicado a esta actividade. Non era unha cuestión de presupuesto, só de traballo e interese polo pobo.


1 comentario

Ana · 7-01-2017 a las 21:05

Estou de acordo, hai una desidia e unha falta de querer traballar total. Falamos cando estamos na opisicion e cando gobernamos o facemos igual ou peor.
Un consello q lle daria o novo goberno e q traballe con ganas e forza.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.