Crónica de quince anos de vida.

Publicado por Redacción en

O directivo do club cesureño narra en primeira persoa os tres lustros de éxitos da institución.

A finais do ano 2001, a Universidade de Santiago de Compostela desvinculase do deporte náutico e do club que se situaba no concello de Pontecesures. O Club Universitario de Santiago, con mais de 35 anos de historia náutica na localidade. � así, cando remeiros do desaparecido Universitario coincidían en que non podía desaparecer a historia náutica deste pobo, tan arraigada dende anos, e xa nos últimos anos inexistente. Pero como pasa moitas veces, ideas hai moitas pero hai que levalas a cabo. Aí decidín dar un paso adiante, asumindo a presidencia ata o día de hoxe, e coller o timón dun barco a deriva, sen actividade, ou sexa sen deportistas, sen material adecuado para realizar a actividade, sen vehículos, sen ximnasio, sen remolques, sen lanchas, cunha instalación totalmente deficiente con enormes problemas de habitabilidade e salubridade.

En definitiva, comezar de cero sen axudas de ningún tipo, e cun horizonte por diante mais que escuro, na procura de reflotar a actividade náutica e darlle vida de novo ao piragüismo e ao río.

Na actualidade o Club Náutico Pontecesures é o club do toda a comunidade galega con máis actividade, e dicir, con máis licencias federativas de competición de todo Galicia, e non só de Galicia senón tamén de España, o que determina a enorme dimensión deportiva deste club non so a nivel galego, senón tamén nacional e internacional.

Foi moi difícil arrancar, ao non ter actividade porque as axudas funcionan moito nesa dirección. Custa moitísimo levantar cabeza. E o peixe que morde a cola. Se non tes actividade non tes axudas, se non tes axudas non podes comprar material para comezar coa actividade, e por iso foi moi difícil. Tiven duras batallas con políticos das distintas administracións e quince anos despois sígoas tendo. Cos números e datos dos que falamos anteriormente e moi difícil entender que non se teña en conta o traballo ou que non se valore xa non só o traballo deportivo que se esta a facer, senón todo o que supón ter a tanta mocidade enganchada o deporte do piragüismo.

O peor momento

Como peor momento, sen dúbida, a morte dun deportista nun accidente de tráfico. Foi moi duro. No funeral vin como todos os seus compañeiros do club chorábamos desconsoladamente. Aí realmente dinme de conta da importancia do que crearamos. Non so se trataba dun club de piragüismo, era unha familia de compañeiros que se querían, e que compartían as súas vidas cos seus amigos facendo o deporte que mais lle gustaba. O mellor momento, sen dúbida ningunha, a medalla olímpica de Camila en China no 2014. Vir cun bronce olímpico, iso foi espectacular. Ver o izado de bandeira, soando o himno para unha moza dun dos pobos mais pequenos de España. e que naceu deportivamente nunha actividade cos nenos do colexio foi incrible. Ademais de toda a experiencia de convivir durante 24 días co equipo olímpico español na Vila Olímpica na cidade de Nanjing.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.