CONCURSO INFANTIL DE CARTEIS DA ??XXII FESTA DA LAMPREA DO ULLA PONTECESURES?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

BASES

OBXECTIVO DO CONCURSO:

O Concello de Pontecesures convoca un concurso de carteis con motivo da celebración da XXII edición da Festa da Lamprea do Ulla que terá lugar o vindiero 2 de Abril de 2017.

O obxectivo é diseñar o cartel anunciador da XXII Festa da Lamprea do Ulla de Pontecesures coa finalidade de promover esta festa gastronómica do noso municipio.

PARTICIPANTES:

Poderán participar todos os nenos/as empadroados no Concello  de Pontecesures que cursen Educación Primaria ou ESO. Cada participante poderá presentar unha única proposta a concurso.

TEMA E  SOPORTE

A temática do cartel fará referencia ó mundo da lamprea, a súa pesca, gastronomía, tradicións, comercialización, etc.

As propostas serán entregadas en calquer soporte, tamaño mínimo A4 ( papel, cartulina, etc) e usando calquera das técnicas de debuxo ( acuarela, cera, lapis de cores, témperas, collage,  etc..).

En tódolos traballos indicarase no reverso só o teléfono de contacto (preferiblemente móbil) donde poderá ser localizado en caso de resultar gañador.

PRESENTACI?N

Nas oficinas municipais. O prazo de entrega das propostas rematará ás 14:00 horas do día 24 de Febreiro de 2017.

XURADO

O xurado será nomeado polo Concello de Pontecesures e estará composto por representantes de distintos ámbitos  sociais e culturais do Concello de Pontecesures.

Valorarase a creatividade, orixinalidade e relación co espíritu do evento.

Os premiados faranse públicos no taboleiro  de anuncios do Concello de Pontecesures, na paxina web e nas redes sociais.

PREMIOS

O autor/a  premiado terá un premio de un vale de compra de 50? en calquer establecemento comercial de Pontecesures e un lote de libros.

O autor cederá tódolos dereitos de publicación, tanto do cartel coma de calquera outra forma de impresión para programas, folletos, etc ó Concello de Pontecesures.

As obras presentadas a este concurso non serán restituidas, pasando a formar parte do arquivo gráfico do Concello de Pontecesures que terá tódolos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

En función da calidade das obras presentadas, o xurado poderá declarar deserto o premio.

O feito de participar no concurso implica o coñemento e aceptación por todos os concursantes das presentes bases.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.