O BNG denuncia o abandono do Parque Infantil de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Sorpresa (pouco agradable) a que levaron cativos e maiores que esta fin de semana acudiron ó parque infantil Vicente Moure, especialmente o domingo, día no que as condicións climatolóxicas animaban a sair da casa e desfrutar do día

O parque cheo de restos da poda dalgunhas das árbores que poblan o recinto, ramallos desperdigados por todo o parque a caron dos xogos, co perigo que supon para os máis cativos. Para rematar, un montón de restos entre os columpios e o tobogán.

Ningún membro do equipo de goberno é quen de verificar que, despois dunha poda ou de calquera outra actividade que se leve a cabo, os restos sexan recollidos e depositados nun lugar adecuado?
O curioso é que o Concello está enfrente….para onde mirarán que non ven o que teñen diante?

BNG de Pontecesures


1 comentario

sobreiras · 22-02-2017 a las 18:53

A poda fíxoa o vento, non houbo intervención do homo sapiens.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.