ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL – RESERVA PRAZAS CURSO 2017/2018.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Informase ós/ás veciños/as que o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal (Gardería) para a reserva de praza dos alumnos/as, e a solicitude de novas prazas de cara ó vindeiro curso escolar 2017/2018 (a partir do 1 de setembro) estará aberto do 1 ao 17 de abril.

A ElM ten un horario de 8 da mañá a 8 da tarde de luns a venres, tódolos meses do ano, excepto en agosto con xornada de mañá, e está situada na R/Avelino Pousa Antelo, en fronte do CPI «Infesta» e conta cunhas modernas instalacións e equipamentos, e o seu persoal proporciona aos nenos/as que acoden as atencións e coidados necesarios para promover o seu desenvolvemento harmónico e integral. Conta co Servizo de Comedor, no que os nenos e nenas teñen ao seu dispor unha dieta san e equilibrada, axeitada.

As solicitudes de reserva de praza para nenas e nenos que xa acoden á ElM presentaranse directamente na Escola Infantil Municipal onde se lle facilitará o impreso a tal fin.

As solicitudes de novas prazas para acceder á ElM entregaranse nas oficinas municipais do Concello de Pontecesures, tendo en conta que é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e 3 anos de idade e que abonen as taxas que lles correspondan, tendo preferencia os/as domiciliados/as en Pontecesures.

Para máis Información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as poden dirixirse a Oficina de Emprego deste Concello entre as 8 ás 14:30 horas.

+INFO e descarga de formularios de soliticude (reserva, preinscrición e matrícula) premendo AQUÍ.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.