??TECENDO UN MUNDO?: ACTIVIDADE REALIZADA NO CPI DE PONTECESURES NO DÍA 8 DE MARZO.
??TECENDO UN MUNDO?: ACTIVIDADE REALIZADA NO CPI DE PONTECESURES NO DÍA 8 DE MARZO.
Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado do CPI de Pontecesures participou no programa «Tecendo un mundo?.
O resultado foi a elaboración dun tapiz común (1 por cada curso), formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados.
Así, de forma creativa, esta metáfora, mostrou a importancia de unirse e contemplar a diversidade, para defender que a igualdade de oportunidades se constrúe a través do recoñecemento da pluralidade.
Todos os tapices elaborados estarán expostos ata o 31 de marzo no Salón de Plenos da Casa do Concello de Pontecesures.
Concellería de Servizos Sociais
0 comentarios