El problema de la recogida de basura en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

A Mancomunidade Serra do Barbanza vén de reunir tanto aos alcaldes que forman parte desta entidade como os que non son socios de pleno dereito ??caso de Ames, Rois e Pontecesures?? co obxectivo, e a solicitude do goberno municipal amesán, ??de buscar unha solución ante as deficiencias no servizo de recollida do lixo producidas nas últimas semanas?, subliñaban dende o tripartito. Así, o rexedor José Miñones solicitou que se aposte pola vía do alugueiro de camións fronte ás reparacións, tanto por custe como por rapidez, para solucionar esta situación a curto prazo. E afirma que a retirada do lixo das rúas ante a falta de camións ten que ser a prioridade.
Do mesmo xeito, nesta xuntanza falouse da situación actual na que se atopa a prestación deste servizo; das medidas que se tomaron durante as últimas semanas; da situación dos concellos de Ames, Rois e Pontecesures, que non son socios de pleno dereito; de como afectaría a entrada destes concellos como socios de pleno dereito ao contrato actual con FCC e do estado dos camións que prestan dito servizo.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.