Pascua en Padrón.

Publicado por Redacción en

FALAR DAS FESTAs da pascua, así con maiúsculas, é falar das festas grandes da comarca do Sar. Nembargantes de acordo con Veciños de Padrón, a ninguén se lle oculta que actualmente están necesitadas dalgunha novidade na habitual programación dos derradeiros anos. Por citar un exemplo, dende que se suprimiron as tradicionais novilladas taurinas, non se compensou con outro número.
Pero, en fin, verdade é que tampouco nos parece o momento para tratar esta cuestión que tempo hubo e haberá en todo o ano, e lembremos iso sí, que a pesares de todo a Padrón primeiro cos relixiosos cultos, procesións e demais, de Semana Santa, aos que seguirán as festas pascueiras co pregón de Lidia Angueira, acudirán coma cada ano milleiros de persoas dende todos os lugares, e onde a vella feira de cabalos, e tantos outros actos, seguido da degustación do polbo a feira, lamprea do Ulla, e demais citas gastronómicas satisfarán a todos os visitantes estes días, para repetir ó seguinte Domingo da Pascuiña, cos sobranceiros actos dos Fillos e Amigos de Padrón.

José Castro Cajaraville
El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.