O BNG critica a falla de xestión e o obscurantismo do goberno de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Despois do acontecido no pleno do luns, no que quedou patente a falta de interés e/ou coñecemento da política local por parte do equipo de goberno, non debería extrañarnos o acontecido hoxe co mercado ambulante.

O concelleiro de cultura declinou respostar ás preguntas formuladas pola oposición no relativo ó fiasco do Festival das Letras Galegas como no referente á organización de dúas actividades englobadas no Cultura no Camiño en días consecutivos (22 e 23 de Xuño), á primeira hora da mañán e no recinto do CPI o cal dificulta a asistencia a calquera persoa interesada en acudir a ditos actos; argumentou o señor Cadilla que non participara nin na organización nin na decisión de fixar tales datas, polo que delegou a resposta no señor alcalde. Este, pola súa parte, respondeu con vaguedades ás preguntas da oposición, como ven sendo habitual; non lle consta, non sabe, xa contestarei. Sirva como exemplo a pregunta realizada polo BNG sobre a quén se lle entregaron unhas figuras o día da Festa da Lamprea que constan nunha factura por valor de 1035,76 euros, non sabendo o alcalde quen recibiu dito agasallo, contestando cun lacónico ??xa lle responderei?

A esperpéntica situación tivo lugar hoxe á mañán pero remóntase ó mes de setembro pasado, tempo suficiente para chegar a un acordo e evitar o que finalmente aconteceu.

Na reunión de setembro, os ambulantes rexeitan a nova ubicación (terreo de Valga) debido ó seu deficiente estado e ás complicacións que para eles tería montar os postos nese espazo, sobre todo no período invernal. Sen máis novas, reciben unha nota informativa do alcalde no último mercadillo (maio) no que se fai firme o cambio de ubicación. No día de onte, marcáronse os postos sen ter en conta a súa opinión e sen ser informados ata que, hoxe á mañán, atópanse coa situación. Reúnense co alcalde; resposta, que a decisión está tomada. Ante a falta de solucións e diálogo, reúnense entre eles e deciden non montar os postos e marchar.
No pleno do pasado luns, lembrámoslle ó alcalde a desgana e falta de interés que amosan en calquera actividade que teña que ser xestionada por ese equipo de goberno que, o propio señor Seage, defineu como formado polas persoas máis capacitadas e preparadas. Co acontecido hoxe, queda de novo patente que, calquera cousa organizada por este equipo de #xentecapasitada, acaba converténdose nun auténtico fracaso.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.