Os socialistas expuxeron no pleno as queixas de veciños/as de San Xulián.

Publicado por Redacción en

Josefa Vicente Enrique y Conchi Gómez.
No pleno de luns pasado, fixemos chegar ao goberno municipal as queixas de veciños e veciñas de san Xulián pola falta de limpeza. Achegamos algunhas fotos que o acreditan.

Socialistas de Pontecesures


4 comentarios

rexjio · 6-06-2017 a las 22:40

Mágoa que Sabariz non se implique tanto contra o goberno actual como co anterior, e poidamos ver as súas incribles reportaxes gráficas… ayy, esa hipocresía

Bah · 7-06-2017 a las 14:23

Ah! Agora que está o PP, son os socialistas os que transmiten as queixas dos veciños. E lo…, onde anda Saba? Non che interesa botar merda contra o teu tellado, non? Ai mimadriña! Non sei como tes tan pouca vergonza, é que xa nin disimulas…

Luis Ángel Sabariz Rolán · 7-06-2017 a las 15:03

O 13/06/15 deixei de ser concelleiro despois de 16 anos. A partires desa data publiquei algunhas notas ligadas á miña xestión anterior, e outras sobre asuntos puntuais ou sobre a defensa do ferrocarril en Pontecesures e comarca pola implicación que teño neste tema.

O que estivera tantos anos na corporación non significa que teña a obriga de estar por vida pendente de necesidades ou deficiencias no municipio. Son un veciño máis e teño as miñas opinións e valoracións, como as pode ter calquera, sobre os labores do goberno e da oposición. Por suposto, non son o cronista oficial da vila.

Os que teñen que denunciar as deficiencias son os concelleiros/as da oposición. ? un dos cometidos que teñen. Ao se presentar ás eleccións locais e tomar posesión como concelleiro/a adquírese o compromiso de traballar para mellorar o municipio e isto obriga tanto aos integrantes do goberno como aos da oposición, cada un no seu papel. Son as regras da democracia.

Para rematar; dicir que xa fixen o meu labor no concello e non estou disposto a respostar agora a comentarios irrespectuosos que tratan de que sexa obxecto de debate . Xestionei o que puiden e debatín onde e cando tiña que facelo. Agora son un exconcelleiro, como outros. Máis nada.

rexjio · 7-06-2017 a las 22:23

Veremos cando gobernen outros se aparecen de novo esas reportaxes 😉

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.