Solicitude de permiso para as fogueiras de San Xoán en Valga.

Publicado por Redacción en

РOs interesados deben cubrir un impreso compromet̩ndose a adoptar as medidas de seguridade necesarias

– Protección Civil realizará un seguimento das fogatas durante toda a noite para garantizar que non se producen incidentes
02/06/2017

O Concello de Valga ten aberto o prazo de solicitude de permiso para prender as tradicionais fogueiras na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño. As persoas interesadas deben acudir ás oficinas municipais e cubrir un impreso no que se indicará a parroquia e lugar nos que se acenderá a fogata, quedando esta baixo a responsabilidade do solicitante e comprometéndose este a adoptar as medidas de seguridade necesarias. O prazo permanecerá aberto ata o día 20 de xuño.

O listado completo de solicitudes será posto en coñecemento do xefe provincial do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés, así como dos efectivos de Protección Civil de Valga que, durante toda a noite de San Xoán, farán un seguimento das fogueiras para garantizar que non se produzan incidentes.

O Concello de Valga fai unha serie de RECOMENDACIÃ?NS:

Por mor da seguridade non fagan moreas dunha altura excesivamente elevada
Non fagan a fogueira preto de lugares con vexetación
Con exceso de vento non prendan a fogueira
Eviten usar nas fogatas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
Procuren ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
Non utilicen na fogueira materiais contaminantes (neumáticos, aerosois, etc.)
Deixen a fogueira completamente apagada antes de marchar
Lembre que no caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é GRATUITA)

Concello de Valga


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.