O «Ghaitellón» encherá Pontecesures do son da gaita.

Publicado por Redacción en

Día 1 de xullo � 16 horas � Peirao de Pontecesures � A asociación cultural Xarandeira, de Pontecesures, xa está traballando na organización dunha nova edición do Ghaitellón, ese serán co que cada ano a vila que se estende ao carón do Ulla se enche do son das gaitas, de bailes e de animación. O Ghaitellón preséntase como un encontro de músicas tradicionais, ao que cada ano se suma un bo feixe de grupos e músicos individuais. De calquera xeito, para participar nesta festa, que mestura tradición e modernidade, non fai falla ter un talento musical especial: abonda con ser quen de cantar e dar as palmas. E, sobre todo, hai que ter corpo de festa, de celebración, e moitas ganas de pasalo ben.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.