RECOMENDACI?NS PARA O CORRECTO VERTIDO DE LIXO NOS CONTEDORES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Dende a Alcaldía do Concello de Pontecesures infórmase:

Que se están producindo incidencias no vertido de residuos urbanos nos contedores de lixo debido a que non tódolos veciños/as están a utilizar correctamente o contedor que corresponde a cada tipo de residuo. Para solventar esta situación, pídese a toda a veciñanza que respete as seguintes indicacións:

  • Recollida de papel-cartón (CONTEDOR AZUL): Compre deixar os papeis e cartóns dentro do contedor pois se se molla non sirve para reciclar. Este contedor ten incorporado un mini-contedor para pilas.
  • Recollida de vidro (IGL? VERDE): Neste contedor deberán depositarse botellas e tarros de cristal, sempre sen tapóns.
  • Recollida de ??orgánico? (CONTEDOR PEQUENO VERDE): neste contedor irán exclusivamente os restos de comida tanto crus como cociñados, papeis de envolve-la comida, restos de poda e xardinería, barreduras da casa e cueiros dos nenos.
  • Recollida de ??inorgánico ou resto? (CONTEDOR GRANDE DE TAPA AMARELA): aquí irá o resto que non debe ir ó outro contedor específico, como plásticos, latas, tetrabriks, restos de louza, bombillas, textís, etc.

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.