Dornas en homenaxe á «Branca vela» de RosalÃa van desde Valga a Padrón.
RosalÃa é unha das grandes poetisas do panorama nacional e autonómico. En Galicia viviu a maior parte da súa vida e compuxo varias das súas obras, como Cantares Gallegos ou Follas Novas. RosalÃa representa a unha muller adiantada ao seu tempo, revolucionaria e transgresora fronte aos convencionalismos da súa época, que abriu o camiño cara o recoñecemento de dereitos sociais e lingüÃsticos conseguidos tempo despois polo pobo galego.
Ã? por iso que, máis de 150 anos despois da súa morte, a súa figura segue lembrándose cada ano. Unha das numerosas homenaxes tivo lugar onte na praia fluvial de Vilarello, en Valga, por iniciativa da fundación RosalÃa de Castro. Baixo o nome de Ruta rosaliana anunciábase a quinta edición do percorrido que as dornas da rÃa de Arousa realizan remontando o rÃo Ulla e o Sar, o seu afluente, ata Padrón.
O nome deixa claro que é un acto por e para rememorar a figura de RosalÃa, tal e como asegura Anxo Angueira, o presidente da fundación. Decenas de mariñeiros toman as súas embarcacións e dispóñense a retornar aos tempos nos que RosalÃa, dende a fiestra da súa habitación, vÃa pasar as dornas mentres, inspirada, escribÃa os seus versos: «¡Qué hinchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / â??â??Palomiña, ¡voa!, ¡voa!â??â??».
RosalÃa xa non está na súa xanela, mais foi a súa estatua, no paseo do Espolón, si agardaba onte pola chegada dos mariñeiros. «Na súa época vÃa pasar os veleiros dende a casa, xa que antes non habÃa tellados que tapasen as vistas». Coa de onte xa se levan realizadas cinco edicións do evento.
A saÃda programárase para as catro da tarde. O dÃa elixido, «como se vén facendo todos os anos», era de mareas vivas, o cal axudarÃa ás barcas a chegar a Padrón nun tempo de «hora e media», segundo os cálculos de Anxo. Os participantes no evento celebraron nas horas previas unha comida na praia fluvial, aproveitando o dÃa soleado. Dende o alto de Cordeiro, podÃase escoitar aos gaiteiros interpretar animadas cancións. Un dÃa festivo que parecÃa aveciñarse tranquilo.
Porén, os primeiros problemas chegaron cando, a iso das tres e media, a marea e o vento empezaron a baixar e a dar problemas. Un dos mariñeiros maiores aproximouse aos demais capitáns dicindo: «Ou marchamos xa ou non chegamos, non vai haber marea». Entre os tripulantes deixábase sentir a preocupación: «Ou collemos os remos… ou nada». Rapidamente, todos recolleron os seus aparellos e dispuxéronse a subir aos vinte barcos, que inundaron o rÃo dunha banda á outra. «Hoxe as embarcacións viñeron de todas as RÃas Baixas, incluÃdos Vigo e Pontevedra, e tamén Muros»
Eran as cinco e media da tarde cando aÃnda as dornas estaban intentando subir o tramo final do Ulla, facendo fronte aos continuos cambios na forza da auga. Cinco das embarcacións lideraban a ruta, tratando de chegar a vela ata o Sar.
Sobre as seis, conseguiron chegar a Padrón, tomando os remos para afrontar a falta de vento. O primeiro en chegar foi Salvador Allo, presidente da Asociación Dorna, de A Illa. Xa fronte á estatua, o canto do himno e as candeas pecharon o acto na honra da poetisa.
A repentina baixada da marea e a falta de vento obligaron a adiantar a saÃda das dornas media hora
Foi necesario tomar os remos durante o último tramo da travesÃa para chegar a Padrón.
La Voz de Galicia
0 comentarios