XORNADA DE DOAZÃ?N DE SANGUE EN PONTECESURES: LUNS 14 DE AGOSTO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures colabora coa campaña solidaria

#súmatedoasangue

O Concello de Pontecesures e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e �rganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:

 

PONTECESURES

LUNS 14 de AGOSTO

Unidade móbil de doazón de sangue na Plazuela (xunto á Igrexa)

10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

 

Pontecesures acadou 70 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e cumpriu de xeito xeneroso a taxa de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). O obxectivo é manter de novo esta participación solidaria durante o presente ano.

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións

e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.