Polémica entre o BNG e o alcalde de Pontecesures polo minuto de silencio na honra das vítimas de Barcelona e Cambrils.

Publicado por Redacción en

No día de hoxe, no que os porqué non atopan resposta; un día no que tod@s deberíamos actuar coma un frente á barbarie, deixanos, se cabe, máis estupefactos a actitude do señor Seage e o seu equipo de goberno, non convocando á oposición e ós veciños a participar no minuto de silencio na honra das víctimas do atentado terrorista en Barcelona.
Consideramos esta actitude totalmente fóra de lugar, froito do individualismo e soberbia que caracterizan ó alcalde
#TotsSomBarcelona

BNG Pontecesures

Imos ver, miñas donas do BNG Pontecesures?.
Se digo que o minuto de silencio foi motivado como acto de repulsa dos atentados de Barcelona donde morreron 13 persoas e 100 resultaron feridas no digo nada novo?
Se digo que o atentado de Barcelona foi un atentado xihadista perpetrado por unha célula xihadista supoño que tampouco digo nada novo?.
O que xa me parece de traca é que a sexan vostedes os que veñan a dar leccións de soberbia e individualismo cando foi xustamente o BNG, formación baixo cuxas siglas son vostedes concelleiras neste Concello, o que votou en contra do pacto anti-xihadista que se aprobou no Congreso ?
O minuto de silencio foi un acto institucional feito dende o concello? cada quen pode amosar a súa repulsa como teña a ben e baixo a fórmula que considere máis axeitada? pero non é a min a quen teñen que dar explicacións pola súa negativa a firmar o pacto contra o terrorismo que está detrás dos actos do minuto de silencio? #politicabipolar #foifalarofornodopanqueimado

Juan Manuel Vidal Seage. Alcalde de Pontecesures

O que é de traca, señor Seage, non é que o BNG, xunto a catro partidos máis, non asinaran o pacto anti-jihadista. Pode vostede consultar a hemeróteca para coñecer os motivos que nos levan a non asinar o pacto; unha pista, o BNG é partidario de medidas preventivas para evitar estos ataques non de actuar a posteriori. Nunha sociedade democrática, como presumimos é a nosa, é lóxico e sano amosar pensamentos e ideoloxías diferentes sen que haxa que buscarlle tres pes ó gato

O que é de traca é o que vostede quere dar a entender subrepticiamente: «…non é a min a quen teñen que dar explicacións pola súa negativa a firmar o pacto contra o terrorismo que está detrás dos actos do minuto de silencio..». Claro que non lle temos que dar nengunha explicación a vostede, xa demos as explicacións pertinente no seu momento Á SOCIEDADE. ¿Qué ten que ver non asinar o pacto con non convocarnos ó minuto de silencio? ¿E o resto da oposición? ¿E os veciños? Tampouco asinaron o pacto? Cómo non imos falar de individualismo e soberbia, quedámonos cortos.Deberían tomar nota do presidente do Parlamento de Galicia convocando a TODOS os partidos políticos; acto ó que, como é lóxico, acudeu o BNG. Non imos entrar aquí en detalles, pero as medidas recollidas no pacto estanse a revelar insuficientes como, desgraciadamente, acaba de quedar patente

De traca é referirse ás nosas concelleiras como «miñas donas», sen comentarios; despréndese das súas verbas con preocupante frecuencia un tono rancio e condescendente. Agardamos que, nalgún momento, sexa vostede consciente da institución que representa e deixe a un lado esa actitude chulesca e prepotente que o ven caracterizando dende fai tempo.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.