HOXE CLAUSUROUSE O CAMPAMENTO DE VERÁN 2017 DE PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Hoxe xoves procedeuse á clausura do campamento de verán 2017 que co lema «¿ Vitamina, ti onde estás ?» levouse a cabo nos meses de xullo e agosto neste concello.

Esta actividade serviu coma alternativa de ocio e tempo de lecer os nenos/as entre 3 a 12 anos que participaron na mesmo, dentro das 4 quendas das que constaba. Ademais trataron de proporcionar unha serie de coñecementos e valores.

Pois ben, coma decíamos, hoxe ponse punto final a esta escola, cunha xornada festiva para que os nenos/as participantes a recorden por moito tempo.

E coma despedida, que mellor que unha comida no propio Pino Manso.

Moitas grazas a todos os nenos/as participantes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.