Comezan as clases de gaita en Algueirada para o novo curso.

Publicado por Redacción en

O venres 6 de outubro, ás 17 horas, comezan no Centro social as clases de gaita que serán impartidas polo monitor Juan Ordóñez. Nese primeiro día vaise falar da estrutura das clases e dos horarios concretos. Para os novos alumnos/as e durante un mes as clases serán de balde.

Por outra banda, seguen as actividades de pandeireta (os sábados de 12 a 14 horas no Centro Social) e de danza tradicional (os mércores a partir das 17 horas no ximnasio escolar). Para os novos alumnos/as as clases no primeiro mes tamén serán de balde.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.