Adxudicación da Obra MELLORA EN INSTALACI�NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

    MELLORA EN INSTALACI�NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. (PAVILL�N E CAMPO DE F�TBOL)

O Pavillón Municipal de deportes é un edificio antigo que apenas sufriu reformas importantes dende a súa construción. Ten diversos problemas construtivos e de funcionamento, propios da súa antigüidade e do seu uso intensivo por parte tanto de clubs deportivos do municipio e de municipios próximos, como do colexio xunto ao que se atopa.

En concreto, preténdese reducir os problemas de humidade co que conta no seu pavimento mediante a instalación dun drenaxe na base da súa fachada sur, que é a máis exposta á choiva e que linda cuns terreos que tenden a inundarse cando se dan períodos persistentes de mal tempo. Tamén se prevé mellorar a funcionalidade da instalación mediante unha cubrición diante da porta principal de acceso, de xeito que con mal tempo os nenos e pais que esperan para entrar no pavillón poidan estar a cuberto.

 

O Campo de Fútbol Municipal é unha instalación deportiva dunha certa antigüidade, e que nos últimos anos foi reformada, pero só na zona do campo de xogo, para a instalación dun pavimento de herba artificial. Ten un uso moi intensivo, xa que nel xogan moitos clubs deportivos, tanto do propio municipio como de outros cercanos.

O perímetro do campo de xogo conta con diversos pavimentos, con zonas de formigón, zonas asfaltadas, zonas en herba natural e zonas en terra. As zonas de herba e terra supoñen un problema funcional, xa que en épocas de choiva resultan case impracticables, e en épocas de tempo seco, levántase terra e po que, en parte, acaba no terreo de xogo. Ademais, a zona de herba provoca que se dispersen sementes polo campo, provocando o nacemento de herbas no terreo de xogo.

� por isto que resulta necesario acometer obras de pavimentación nesas zonas, para mellorar así o funcionamento da instalación, tanto para os que van practicar o deporte, como para os espectadores que teñen que pasar pola zona de acceso (en terra e barro).

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 30.243,25� dos que 19.995,54� son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020 e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e 10.247,71� con fondos propios do Concello.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.